domingo, 17 de junho de 2012

PLURICELULAR

CélulaNa Galipedia, a Wikipedia en galego. Ir a: navegación, procura Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Célula (homónimos). Debuxo procedente do libro Micrographia, que representa a estrutura da cortiza da sobreira como a viu Robert Hooke ao microscopio por vez primeira. Esquema sinxelo dunha célula eucariótica (á esquerda) e outra procariótica (á dereita). Células epiteliais nun cultivo. O ADN está tinguido de verde; os filamentos de queratina, en vermello.A célula (do latín cellula, que significa "cuarto pequeno") é a unidade estrutural e funcional mínima con vida, a cal é capaz de realizar tódalas funcións características ou vitais de calquera organismo vivo: a nutrición, a relación co medio que a rodea e a reprodución. Todos os seres vivos existentes posúen, cando menos, unha célula. Estes seres formados por unha soa célula son os chamados organismos unicelulares, mentres que se están constituídos por un conxunto de varias (de ata millóns) reciben o nome de organismos pluricelulares. A maioría das células son invisibles para o ollo humano, polo que fan falla microscopios para poder observalas. Malia isto, non todas as células teñen o mesmo tamaño, deste xeito podémonos atopar con células moito máis grandes ou pequenas ca outras. Entre as células máis grandes coñecidas atópanse os ovos non fertilizados da avestruz[1] e as células nerviosas que as xirafas teñen ao longo do seu pescozo, as cales poden chegar a acadar máis de 3 metros de lonxitude[2]. Segundo a teoría celular, enunciada no ano 1839, non é concibible un organismo vivo nun elo máis baixo que o dunha célula. Deste modo, os seres vivos máis sinxelos constitúense por unha soa célula, como poden ser os protozoos causantes de enfermidades do home coma a malaria ou a doenza do sono. Tamén son unicelulares moitos organismos que se consideran plantas polo feito de sintetizaren os seus alimentos a partir da luz mediante o proceso da fotosíntese. Non obstante, os organismos máis complexos da natureza están compostos por moitas células, conformando un animal ou planta pluricelular. As células, conforme aumenta a complexidade, diferéncianse entre elas para levar a cabo funcións específicas nas que se especializan. Por exemplo, nunha árbore unhas células do parénquima son as encargadas de face-la fotosíntese nas súas follas, mentres que outras están no interior do tronco dándolle a rixidez que mantén a árbore erguida. No ser humano temos case 800 tipos distintos de células, algunhas, como os eritrocitos do sangue, teñen como función transportar o osíxeno dende os pulmóns ata unha célula epitelial dun dedo do noso pé; outras teñen o labor de transmitir as instrucións dende o cerebro ata algún músculo do brazo para levantalo, son as chamadas neuronas. A estrutura da célula é complexa, e aínda quedan aspectos por coñecer da mesma. Ademais da súa fisioloxía por completo, e o ciclo de vida celular. Índice [agochar] 1 Historia 1.1 Niveis de organización dos seres vivos 1.2 O microscopio 1.3 A suma de unidades vivas 1.4 A teoría celular 2 Tipos de células 2.1 Célula procariótica 2.2 Célula eucariótica 3 Subcompoñentes celulares 3.1 Membrana celular 3.2 Citoesqueleto 3.3 Material xenético 3.4 Orgánulos 4 Ciclo celular 4.1 Interfase 4.2 Fase de división 5 Funcións celulares 5.1 Nutrición 5.1.1 Obtención de enerxía 5.1.2 Síntese proteica 5.2 Relación 5.2.1 Realización de movementos 5.3 Reprodución 6 Morte celular 6.1 Cancro 7 Orixe das células 7.1 Orixe das células eucarióticas 8 Notas 9 Véxase tamén 9.1 Bibliografía 9.2 Outros artigos 9.3 Ligazóns externas [editar] Historia[editar] Niveis de organización dos seres vivosArtigos principais: Materia e Ser vivo. Os seres vivos están formados por células, pero as células xúntanse para formaren niveis superiores máis complexos. Así podemos comprobar que se organizan en diferentes niveis que mostran unha xerarquía, cada nivel formado coas unidades precedentes. Esta organización divídese en dous niveis: abióticos e bióticos, diferenciados, respectivamente, pola vida ou carencia dela en cada un. Desta forma, non foi ata anos despois do comezo do século XVIII cando se considerou que a materia non estaba formada por tres niveis (órganos, tecidos e materia amorfa). Isto foi grazas aos avances tecnolóxicos que se fixeron nos estudos a pequena escala, cando puido descubrirse que había máis que materia amorfa máis aló dos tecidos, como ata entón se pensaba. Niveis abióticos Nivel subatómico: formado polas partículas subatómicas, ou sexa, electróns, protóns e neutróns. Nivel atómico: constituído polas agrupacións das partículas subatómicas, dando lugar a átomos. Nivel molecular: xerado pola unión dos átomos para formar moléculas. Niveis bióticos Nivel celular: que se divide en células eucarióticas (animais ou vexetais) e en células procarióticas (como as bacterias). Nivel pluricelular: onde se atopan os tecidos, órganos, aparatos e sistemas. Poboación: un conxunto de organismos da mesma especie. Comunidade ou biocenose: están constituídas polas poboacións e o medio no que coexisten. Biosfera: é o conxunto de todas as comunidades biolóxicas da Terra. [editar] O microscopioArtigos principais: Microscopio, Microscopio óptico e Microscopio electrónico. Robert Hooke, quen acuñou o termo «célula».A resolución é a distancia que debe haber, como mínimo, para que dous obxectos poidan ser vistos como independentes o un do outro. Por exemplo, o ollo humano posúe unha resolución de 0,2 milímetros, polo que calquera obxecto que estea a menos distancia doutro será para nós un único obxecto. Así, grazas ao descubrimento do microscopio conseguiuse un grande avance na investigación do último nivel de aparente materia amorfa que non tiña organización algunha e permitiu observala con moito máis detalle. O microscopio aumenta esta resolución mediante dúas lentes de vidro que amplían a imaxe (a primeira amplía a da segunda). Os primeiros microscopios apareceron ao redor do ano 1600, e foron chamados microscopios ópticos ou microscopios compostos. Malia isto, non foi ata 1665 cando Robert Hooke observou ao microscopio unha lámina delgada da cortiza dunha árbore coa axuda dun microscopio de 50 aumentos feito por el mesmo[3]. Deste xeito puido comprobar que o anaco analizado estaba dividido en moitos compartimentos semellantes aos panais das abellas, e chamoulle a cada un deles "célula" (celiña)[3]. O propio Hooke describe así o que viu: ... Puiden percibilo con claridade como se estivese perforado e poroso, semellante a un panal de abellas, mais os poros non eran regulares [...] estes poros, ou celas, [...] foron certamente os primeiros poros microscópicos que vin e, quizais, que nunca antes se viran, xa que nunca coñecín escritor ou persoa que fixese calquera mención a elas antes disto...[4] Robert Hooke Co século XX apareceron máis avances na investigación da célula, xa que o microscopio electrónico, coa súa resolución de 0,5 nanómetros, permitiu ver o interior destas e comprobar a súa constitución interna e o seu funcionamento. [editar] A suma de unidades vivasTralo descubrimento de Hooke, esta investigación quedou estancada durante século e medio ata que no século XIX apareceu en Alemaña a idea de que os seres vivos estaban formados pola agregación de millóns de unidades vivas. No ano 1838 Matthias Schleiden comprobou que en calquera fragmento de planta podían recoñecerse as células que Hooke descubrira. Un ano despois, en 1839, Theodor Schwann analizou unha mostra procedente dun animal e puido comprobar que estes tamén estaban formados por células. Ambos os dous enunciaron a primeira teoría celular, que dicía que todos os organismos proviñan dunha soa célula que se desenvolvía formando novas células. Afirmaron que a célula era a unidade estrutural básica de vida que é capaz de vivir por si mesma. O que eles dous non sabían era que as células non aparecen da nada de xeito espontáneo, cousa que quedou demostrada na década de 1860. O que eles pensaban era que as novas células se formaban no interior das vellas a partir da materia amorfa que as rodeaba. [editar] A teoría celularArtigo principal: Teoría celular. Por fin, a finais do século XIX enunciouse a teoría celular case como hoxe en día a coñecemos. De maneira moi xeral, a célula é: A unidade estrutural dos seres vivos, os cales teñen que estar constituídos por unha célula, como mínimo. A unidade funcional que é capaz de realizar as funcións de nutrición, relación e reprodución básicas para a supervivencia da mesma. A unidade reprodutora que crea, mediante a división celular, novas células semellantes, xa que todas as células proveñen doutra que existía antes[5]. A influencia que esta teoría tivo na bioloxía no século XX fixo que os biólogos estudaran a célula e deixaran esquecidas a un lado as investigacións dos organismos. [editar] Tipos de célulasAs células divídense en dous grandes grupos: as células eucarióticas, as cales teñen un núcleo celular que contén o material xenético e que está diferenciado e separado por unha membrana dobre; e as células procarióticas, as cales teñen os xenes no citoplasma celular e non está limitado por ningunha membrana, carecendo tamén de moitos dos orgánulos da célula eucariótica. [editar] Célula procariótica Diagrama dun exemplo de célula procariótica. Estruturas: (1) cilios (2) plásmido (3) ribosomas (4) citoplasma (5) membrana plasmática (6) parede celular (7) cápsula (8) material hereditario (9) flaxelo Artigo principal: Célula procariótica. As células procarióticas (do grego pro, "antes", e karyon, "núcleo") son aquelas nas que no citoplasma non posúen orgánulos membranosos nin núcleo diferenciado. As arqueas e as bacterias conforman os dous dominios deste tipo de células. O seu tamaño é dez veces menor ao das células eucarióticas e reciben diferentes nomes segundo a súa forma. Ás esféricas chámaselles cocos; ás que teñen forma de bastón, bacilos; outras curvadas, son os vibrións; e, por último, as que semellan resortes reciben o nome de espirilos. En canto á súa estrutura, esta é bastante sinxela: Posúe unha membrana plasmática e unha parede celular que a separa do entorno. "Flotando" no citoplasma aparecen diversos ribosomas. Un cromosoma, que non está separado do citoplasma por ningunha membrana, contén o material hereditario da célula. Ademais, dispersos polo citoplasma, pode haber plásmidos, é dicir, anacos deste material hereditario. As funcións que realiza están adaptadas á vida sen orgánulos, polo que moitas delas se fan directamente no citoplasma. A nutrición pode ser autótrofa, facendo a fotosíntese, ou heterótrofa, parasitando outros organismos ou descompoñéndoos. A enerxía pódena obter grazas á respiración celular ou por medio da fermentación. As máis das células están dotadas dun flaxelo para poderen desprazarse (función de relación co medio), mentres que outras se transforman en esporas se as condicións son adversas. Reprodúcense por fisión, dividindo o seu material hereditario e rompendo pola metade o seu "corpo". [editar] Célula eucariótica Diagrama dunha célula eucariótica dun animal, a cal amosa os compoñentes subcelulares. Orgánulos: (1) nucléolo (2) núcleo (3) ribosoma (4) vesícula (5) retículo endoplasmático rugoso (6) aparato de Golgi (7) citoesqueleto (8) retículo endoplasmático liso (9) mitocondrias (10) vacúolo (11) citoplasma (12) lisosoma (13) centríolos nos centrosomas Artigo principal: Célula eucariótica. As células eucarióticas (do grego eu, "verdadeiro", e karyon, "núcleo") son aquelas nas que se poden diferenciar tres partes básicas: A membrana celular ou plasmática é a encargada de regular a entrada e saída de substancias. Recobre a célula separándoa do entorno no que se atopa. O citoplasma ou contido celular é todo o espazo existente que abarca a membrana, excluíndo o núcleo celular. Está formado por unha disolución acuosa e viscosa chamada hialoplasma ou citosol na cal se atopan inmersos os diversos orgánulos encargados de facer todas as funcións da célula. O núcleo celular trátase da estrutura máis grande e visible. Tamén é, ademais, a parte máis importante, xa que contén toda a información necesaria para a subsistencia da célula e contén o material xenético necesario para a súa reprodución. As células eucarióticas, á súa vez, divídense en dous grupos: as células animais e mais as células vexetais. Esta distinción faise segundo a súa constitución interna e en función do ser vivo do que formen parte, isto é, cada un dos tipos pode presentar orgánulos en común ou ter algúns específicos. Comparación das características de células procarióticas e eucarióticas Procarióticas Eucarióticas Organismos típicos bacterias, archaeas protistas, fungos, plantas, animais Tamaño típico ~ 1-10 µm ~ 10-100 µm (espermatozoides) Tipo de núcleo nucleoide; sen núcleo verdadeiro núcleo verdadeiro con membrana dobre ADN circular (normalmente) moléculas en liña (cromosomas) con proteínas histonas ARN-/síntese proteica as dúas fanse no citoplasma a síntese do ARN faise no núcleo a síntese proteica no citoplasma Ribosomas 50S+30S[6] 60S+40S Estrutura citoplasmática moi poucas estruturas moi estruturadas con endomembranas e un citoesqueleto Movemento celular flaxelos feitos de flaxelina flaxelos e cilios que conteñen microtúbulos; lamellipodias e filopodias que conteñen actina Mitocondrias (non ten) desde unha a varios miles Cloroplastos (non ten) en algas e plantas Organización normalmente de unha en unha de unha en unha, en colonias ou en organismos multicelulares maiores con células especializadas División celular Fisión binaria (división sinxela) Mitose (fisión ou xemación) Meiose Comparación das estruturas entre as células animais e vexetais Célula animal típica Célula vexetal típica Orgánulos Núcleo Nucléolo (dentro do núcleo) Retículo endoplasmático rugoso Retículo endoplasmático liso Ribosomas Citoesqueleto Aparato de Golgi Citoplasma Vacúolos Vesículas Mitocondria Lisosomas Centrosoma Centríolos Núcleo Nucléolo (dentro do núcleo) Retículo endoplasmático rugoso Retículo endoplasmático liso Ribosomas Citoesqueleto Aparato de Golgi (dictiosomas) Citoplasma Vacúolo Vesículas Mitocondria Plastos Cloroplastos Amiloplastos [editar] Subcompoñentes celularesTodas as células, tanto as procarióticas coma as eucarióticas, teñen unha membrana que as envolve, separando o seu interior do medio que as rodea, regulando o que entra e sae e mantendo o potencial eléctrico da célula. No interior da membrana, un citoplasma salgado ocupa unha gran parte do volume celular. Todas as células posúen ADN, o material hereditario dos xenes, e ARN, que contén a información necesaria para construír diversas proteínas como os enzimas, a maquinaria principal das células. Tamén hai outros tipos de biomoléculas. [editar] Membrana celularArtigo principal: Membrana plasmática. A membrana celular ou plasmática é unha envoltura laminar que recobre a célula e que a separa e diferencia do entorno no que se atopa e das células que hai ao seu arredor. Trátase dunha dobre capa lipídica que serve como "contedor" para os contidos celulares, así como para a súa protección mecánica e está formada principalmente por lípidos e proteínas. Unha das súas funcións máis importantes é a de regular a entrada e saída de substancias na célula. A membrana plasmática é bastante flexible, polo que lle confire á célula unha forma máis ben circular. [editar] CitoesqueletoArtigo principal: Citoesqueleto. O citoesqueleto é un entramado tridimensional de microtúbulos e microfilamentos que proporciona o soporte interno ás células, ademais de ser quen organiza e mantén a forma destas. Trátase dunha estrutura dinámica que mantén a forma da célula, e que intervén facilitando os fenómenos de movemento celular e desempeñando un importante papel tanto no transporte intracelular coma na división celular durante a reprodución, así como tamén durante a endocitose, expulsión de materiais, e a citocinese, separación das células filla trala división. O citoesqueleto eucariótico está composto por microfilamentos, filamentos intermedios e microtúbulos. Hai unha manchea de proteínas asociadas a eles, cada unha controlando unha estrutura celular, dirixindo, liando e aliñando filamentos. O citoesqueleto procariótico está menos estudado pero se sabe que participa no mantemento da forma da célula, na súa polaridade e na citocinese[7]. [editar] Material xenéticoArtigo principal: Material xenético. Véxase tamén: ácido desoxirribonucleico e ácido ribonucleico. Existen dous tipos de material xenético: o ácido desoxirribonucleico (ADN) e o ácido ribonucleico (ARN). A maior parte dos organismos usan o ADN para o almacenamento de información, pero algúns virus (como os retrovirus) teñen ARN como o seu material xenético. A información biolóxica contida nun organismo está codificada na súa secuencia de ADN ou ARN. O ARN tamén é usado para o transporte de información (como o ARNm) e para realizar funcións enzimáticas (como o ARN ribosómico) en organismos que usan o ADNA para o código xenético en si mesmo. As moléculas de ARN de transferencia (ARNt) son usadas para engadir aminoácidos específicos durante o proceso de tradución de proteínas. O material xenético das células procarióticas está organizado nunha molécula de ADN circular simple (o cromosoma bacteriano) na rexión nucleótica do citoplasma. O material xenético das células eucarióticas está dividido en diferentes moléculas lineares chamadas cromosomas, no interior dun núcleo discreto, a miúdo con máis material xenético noutros orgánulos como as mitocondrias e os cloroplastos[8]. Unha célula humana ten material xenético no seu núcleo (o xenoma nuclear) e nas súas mitocondrias (o xenoma mitocondrial). Nos humanos o xenoma nuclear está dividido en 23 parellas de moléculas de ADN lineares chamadas cromosomas. O xenoma mitocondrial é unha molécula de ADN circular distinta do ADN nuclear. Aínda que o ADN mitocondrial é moi pequeno comparado cos cromosomas nucleares, ten codificadas 13 proteínas que toman parte na produción de enerxía mitocondrial así como na de ARNt específicos. O material xenético estraño (moi comunmente ADN) tamén pode ser introducido artificialmente na célula mediante un proceso chamado transfección. Este pode ser transitorio, se o ADN non está dentro do xenoma da célula, ou estable, se o está. Certos virus tamén insiren o seu material xenético no xenoma. [editar] OrgánulosArtigo principal: Orgánulo. Os orgánulos son cada un dos elementos que constitúen as células eucarióticas e que teñen unha función na que cada un está especializado. O normal é que estean separados e rodeados dentro dunha membrana lípida. Cabe dicir que, dependendo do tipo de célula eucariótica (animal ou vexetal), estas poden ter algúns orgánulos en común, ou poden posuír orgánulos específicos que permiten diferencialas doutro tipo de eucarióticas. Núcleo celular Artigo principal: Núcleo celular. Véxase tamén: Nucléolo. O núcleo é a estrutura máis importante e grande da célula. É o lugar onde se atopa toda a información que as células eucarióticas (tanto animais coma vexetais) precisan para sobreviviren, isto é, controla as reaccións químicas que se producen no citoplasma, e, ademais, é onde se garda toda a información que necesitan para a súa reprodución mediante a división celular, tanto por mitose coma por meiose. O normal é que o seu tamaño rolde un terzo do tamaño total da célula[9]. Unha parte do contido nuclear está formada pola cromatina, un conxunto de fibras moi pequenas que, ao condensárense no proceso de división celular, constitúen os cromosomas que conterán a información do núcleo que terá a célula filla. Ademais, o principal compoñente do núcleo é o nucléolo, que se atopa no seu interior. Neste atópase a rexión dos cromosomas (ADN), os cales conteñen os xenes. Nel transcríbense estes xenes e axústanse as proteínas ribosomais para formar unhas unidades que posteriormente darán lugar aos ribosomas que se atopan no citoplasma. Durante o proceso da mitose na reprodución celular, o nucléolo desaparece unha vez que os cromosomas do núcleo se condensan e se detén a síntese do ARN. Parede celular Artigo principal: Parede celular. A parede celular é unha capa exterior, ríxida e grosa, que se atopa exclusivamente nas células vexetais e mais nas células procarióticas. Recobre a membrana plasmática e posúe algúns poros cos que pode intercambiar substancias. Nas células vexetais está composta por celulosa, mentres que nas procarióticas é de mureína. Realiza a función de protexer a célula de certos fenómenos osmóticos que a poderían chegar a danar. Debido ao feito de que estas paredes son ríxidas, as células vexetais presentan unha forma máis poligonal. Mitocondrias Artigo principal: Mitocondria. As mitocondrias son os orgánulos encargados de subministrar a maior parte da enerxía necesaria para a actividade celular; actúan, polo tanto, como centrais enerxéticas da célula. Conseguen sintetizar o adenosín trifosfato usando o osíxeno para liberaren a enerxía almacenada nos nutrientes celulares (normalmente a glicosa). A súa forma é ovalada e están envoltas nunha dobre membrana. Cloroplastos Artigo principal: Cloroplasto. Os cloroplastos son os orgánulos encargados de realizar a fotosíntese nas células vexetais. A súa función é a de absorber a luz solar e usala xunto coa auga e mais o dióxido de carbono para produciren azucres, a materia prima para a produción de enerxía e biomasa en todas as plantas verdes e os animais que dependen delas, directa ou indirectamente. Teñen forma ovalada, ao igual que as mitocondrias. Atópanse principalmente nas follas e posúen un pigmento de cor verde chamado clorofila, causante da cor destas. Retículo endoplasmático Artigo principal: Retículo endoplasmático. Véxase tamén: Ribosoma. O retículo endoplasmático ou endoplásmico é un conxunto de tubos planos e sacos comunicados entre si que forman unha rede de mucosas interconectadas como cisternas. Intervén en funcións relacionadas coa síntese das proteínas (ou síntese proteica), co metabolismo de lípidos e algúns esteroides, así como no transporte intracelular. É o encargado de fabricar diversas substancias e pode ter adheridos á súa parede exterior algúns ribosomas. Divídese en dous tipos: o retículo endoplasmático liso e o retículo endoplasmático rugoso. Normalmente está situado xunto ao núcleo celular. Os ribosomas son os orgánulos da célula onde se leva a cabo a síntese das proteínas. Atópanse esparexidos polo citoplasma da célula, aínda que abundan máis no retículo endoplasmático rugoso[10]. Están compostos por unha mestura de ARN e proteínas. Son un conxunto de pequenas fábricas que conteñen a información necesaria para interpretaren a mensaxe do ARN mensaxeiro e traducilo na creación de proteínas. Aparato de Golgi Artigo principal: Aparato de Golgi. O aparato de Golgi é un conxunto de sacos planos rodeados dunha membrana e colocados uns enriba dos outros que teñen a función de modificar as vesículas e macromoléculas do retículo endoplasmático rugoso, tales como as proteínas e lípidos sintetizados pola célula. Trátase dun orgánulo importante no procesado das proteínas para a secreción. Lisosomas Artigo principal: Lisosoma. Os lisosomas son vesículas, rodeadas por unha membrana, que conteñen enzimas hidrolíticos encargados da dixestión intracelular de moléculas orgánicas de gran tamaño. Estes orgánulos son bastante heteroxéneos en canto á súa forma e o seu tamaño; a súa diversidade reflicte a ampla variedade de materiais que dixiren. Realizan, ademais, unha función protectora, xa que devoran os virus e as bacterias que poidan atacar a célula. O retículo endoplasmático rugoso é o encargado de crealos, mentres que o aparato de Golgi é o que, posteriormente, os empaqueta. Centríolos Artigo principal: Centríolo. Os centríolos son os orgánulos encargados de dirixiren os movementos da célula. A súa forma é semellante á de dous tubos feitos de filamentos colocados perpendicularmente un ao outro, e atópanse sempre preto do núcleo. É un das estruturas exclusivas das células eucarióticas animais. Son os encargados da creación do fuso acromático durante a mitose e dos cilios ou flaxelos para o desprazamento celular (movementos de tipo vibrátil). Vacúolos Artigo principal: Vacúolo. Os vacúolos son grandes cavidades rodeadas e constituídas por unha membrana, que se atopan no citoplasma das células. Estes orgánulos aparecen, principalmente, nas células vexetais, aínda que se pode achar algún nas animais e nalgúns organismos unicelulares, como nas amebas. Tanto é así que, nas células vexetais, o núcleo se ve desprazado cara a un lado, no canto de estar centrado como ocorre normalmente. No seu interior hai auga con substancias disoltas almacenadas. Fórmanse a partir da fusión de vesículas procedentes do retículo endoplasmático e do aparato de Golgi. [editar] Ciclo celularArtigo principal: Ciclo celular. Diagrama do ciclo celular. En laranxa, a interfase (que alberga outras); e en amarelo, a fase M, que se trata da fase de división.O ciclo celular é o tempo que transcorre desde que a célula existe como tal ata que se divide. Este ciclo divídese noutros dous períodos na vida da célula: a interfase e a fase de división. [editar] InterfaseArtigo principal: Interfase. Neste período de interfase é cando a célula realiza todos os procesos celulares. Divídese en varias etapas que inclúen: Un primeiro intervalo (no debuxo, G1) no que a célula medra e fai a síntese das proteínas e do ARN. Nel a célula dobra o seu tamaño e a súa masa debido á continua síntese de todos os seus compoñentes, como resultado da expresión dos xenes que codifican as proteínas responsables do seu fenotipo particular. Unha fase de síntese (no debuxo, S) na que a célula leva a cabo a replicación do ADN. Como resultado, cada cromosoma (aínda en forma de cromatina) ten a súa réplica idéntica e queda formado por dúas cromátides irmás. Tras esta duplicación do ADN, o núcleo contén o dobre de proteínas nucleares e de ADN. Un último intervalo (no debuxo, G2) de síntese que é tamén un segundo período de crecemento celular. Cando remata, a célula sufriu cambios na súa estrutura, sendo o máis importante a condensación da cromatina para formar os cromosomas. Neste momento dá comezo a fase de división. [editar] Fase de divisiónÉ o período no que a célula realiza a división para a obtención de células fillas idénticas á nai. Son dous os procesos mediante os cales unha célula pode dividirse: a mitose e a meiose. Estes organízanse en diferentes fases: profase, metafase, anafase e telofase, que rematarán coa división final do citoplasma, por estrangulamento (as células vexetais por fragmoplasto), completando así a división celular. Durante este proceso pode haber erros na copia de ADN que as células fillas reciben. Isto pode ser reparado polo propio ADN, o cal ten un sistema de detección de erros, ou pode resultar nunha célula canceríxena, que deberá morrer mediante a apoptose. Se, pola contra, esta non morre ou non se corrixe pode dar lugar á aparición de cancro. [editar] Funcións celularesAs células, ao seren seres vivos, realizan, como tales, as tres funcións básicas destes: a nutrición, a relación e mais a reprodución. [editar] Nutrición Os enzimas, un tipo de proteínas implicadas no metabolismo celular.Artigos principais: Crecemento celular e Metabolismo. A nutrición é o proceso mediante o cal a célula obtén todos os nutrientes que precisa para poder realizar as súas funcións vitais. As fases da nutrición celular son, basicamente, estas: En primeiro lugar a célula absorbe os nutrientes que entran nela a través da membrana celular mediante a fagocitose. Nunha segunda fase, prodúcese a transformación da materia en enerxía nos lisosomas que a dixiren grazas aos encimas dixestivos que degradan as macromoléculas noutras máis sinxelas (catabolismo), para que despois sexan almacenadas nos vacúolos. Finalmente, as moléculas procedentes da dixestión son absorbidas, mentres que os materiais de refugallo xerados neste proceso se desbotan expulsándoos ao exterior. Segundo o tipo de célula, terá ou ben unha nutrición autótrofa mediante fotosíntese, se elabora os seus propios alimentos incorporando do medio materia inorgánica, que pode transformar en compostos orgánicos, nutrición propia de células vexetais; ou ben unha heterótrofa, se o que fai é elaborar os seus alimentos a partir de materia orgánica e inorgánica xa existente incorporando moléculas que son dixeridas polos lisosomas, forma habitual nas células animais. Esquema xeral da síntese de proteínas. No interior do núcleo da célula (azul claro), os xenes (ADN, azul escuro) son transcritos a ARN. Este ARN é despois sometido a unha modificación e control postranscricional, dando como resultado un ARNm maduro (vermello), que é transportado para fóra do núcleo ata o citoplasma (carne), onde sofre a tradución nunha proteína. O ARNm é traducido polos ribosomas (violeta), coincidindo os codóns de tres bases do ARNm cos anticodóns de tres bases do ARNt apropiado. As novas proteínas xa sintetizadas (negro) son normalmente modificadas posteriormente, como cando se vinculan a unha molécula (laranxa) para convertérense en activas por completo.[editar] Obtención de enerxíaVéxase tamén: Respiración celular e Fermentación. A célula emprega procesos para a obtención de enerxía que precisa para o seu desenvolvemento, ou sexa, para realizar as súas funcións. Dependendo de se o proceso se fai en presenza ou non de osíxeno, o proceso pode ser aerobio ou anaerobio. A respiración celular lévase a cabo nas mitocondrias e precisa de osíxeno para a súa realización. Nestes orgánulos degrádase a materia orgánica en inorgánica, proceso chamado catabolismo, para que se desprenda a enerxía que conteñen. Mediante esta respiración consómese osíxeno e despréndese dióxido de carbono e vapor de auga. Por outra banda, a fermentación non se produce en ningún orgánulo, senón no propio hialoplasma (contido acuoso no que flotan os orgánulos dentro do citoplasma). A fermentación non precisa de osíxeno, o que fai que non se aproveite toda a enerxía que conteñen as moléculas inxeridas. Ademais, tamén ten o inconveniente de que se producen máis refugallos ca na respiración celular. Por iso o normal é que isto só se faga cando a achega de osíxeno é moi reducida e insuficiente para a célula; malia isto, nas menos das veces, hai algunha célula que só obtén enerxía mediante a fermentación. [editar] Síntese proteicaArtigo principal: Síntese de proteínas. As células son capaces de sintetizaren novas proteínas, as cales son esenciais para a modulación e mantemento das actividades celulares. Este proceso leva á formación de novas moléculas proteicas dos bloques de aminoácidos baseados en información codificada no ADN/ARN. Xeralmente, a síntese de proteínas consiste en dous grandes chanzos: a transcrición e a tradución. A transcrición é o proceso onde a información xenética do ADN é usada para producir unha tira de ARN complementario. Esta cadea de ARN é procesada para dar ARN mensaxeiro (ARNm), que é libre para migrar a través da célula. As moléculas de ARNm están atadas aos complexo de proteínas do ARN chamados ribosomas e que están localizados no citosol, onde son traducidas en secuencias polipeptídicas. O ribosoma media a información da secuencia polipeptídica baseada na secuencia de ARNm. A secuencia de ARNm está relacionada directamente coa secuencia polipeptídica vencellándose a moléculas adaptadas do ARN de transferencia (ARNt) en bolsas no interior dos ribosomas. O novo polipéptido dóbrase nunha molécula proteica tridimensional. [editar] RelaciónA función de relación das células trata do xeito en que estas reciben información do medio en forma de estímulos, detectan os cambios producidos nel, e reaccionan elaborando unha resposta fronte a estes cambios. Un dos xeitos de resposta a un cambio detectado no medio é a fabricación de substancias por parte das células. Estas substancias son expulsadas ao exterior. Un exemplo disto sería a segregación da suor como resposta á calor que hai no exterior. [editar] Realización de movementosVéxase tamén: Pseudópodo, Fibra, Cilio e Flaxelo. As células pódense mover durante moitos procesos: como na curación dunha ferida (os glóbulos brancos e as células que inxiren as bacterias trasládanse ao lugar da infección para mataren os microorganismos que a causan), unha resposta inmune ou unha metástase. Asemade, os fibroblastos móvense ata alí para remodelaren as estruturas danadas. En caso de que un tumor se estea a desenvolver, as células dun tumor primario sepáranse e invaden outras partes do corpo. No movemento das células participan moitos receptores e outras proteínas[11]. Para poder levar a cabo esta acción, as células posúen diferentes tipos de estruturas que lles axudan. Hai algunhas que teñen un movemento ameboide que consiste en emitir os chamados pseudópodos (do grego pseudos, "falso", e podo, "pé"), ou falsos pés, que son unhas prolongacións do seu citoplasma. O proceso divídese en tres pasos: a célula crea as protuberancias, adhire estes pseudópodos ao lugar ata o que quere avanzar e unha contracción do citoesqueleto que tira do resto da célula fai que esta avance. Trátase do xeito de desprazamento das amebas (de aí o seu nome), aínda que tamén a dos nosos glóbulos brancos. Cada un destes pasos está conducido por forzas físicas xeradas por segmentos únicos do citoesqueleto[12][13]. Existe un movemento contráctil que é aquel no que a célula ten a capacidade de contraerse e relaxarse. Estas células, chamadas fibras, posúen unha forma alongada. O seu interior está formado por moitos filamentos organizados e dispostos paralelamente de xeito que poidan esvarar os uns por riba dos outros. A contracción e relaxación das fibras musculares realízase grazas á interacción entre dúas proteínas globulares chamadas actina e miosina. As células musculares son o exemplo máis claro deste tipo de movemento, aínda que tamén hai microorganismos, como pode ser a vorticela, que se moven desta maneira. Finalmente está o movemento vibrátil no que a base reside nuns compoñentes extracelulares formados por pequenos filamentos do citoesqueleto que ten a célula. O movemento baséase no bater destes filamentos. Neste grupo están as células que posúen cilios, que son diminutos e recobren a parte externa da membrana plasmática. Teñen forma de pelos ananos e o seu bater é dando un golpe forte na dirección desexada, seguido dunha recuperación lenta á súa posición orixinal. Un exemplo de célula ciliada é o paramecio. E tamén están os flaxelos, que son máis longos e teñen forma de látego. Adoitan aparecer no extremo da célula e nunca en grandes cantidades. O seu proceder é mediante golpes secos en forma de ondulacións. É propio dos espermatozoides e dalgúns protozoos, como poden ser as euglenas. [editar] ReproduciónArtigo principal: División celular. Véxase tamén: Mitose e Meiose. A función de reprodución das células consiste na produción dunha copia de si mesmas para obteren unha descendencia idéntica á célula nai. Por unha banda, as células procarióticas divídense por fisión binaria. Pola outra, nas eucarióticas isto faise mediante a duplicación do ADN e unha división do citoplasma. Existen dous procesos para levar a cabo isto segundo o tipo de célula e, por conseguinte, a función que terá. A mitose ou división do núcleo é o proceso mediante o cal a célula se divide en dúas fillas idénticas á nai. Realízase tras a duplicación dos cromosomas (coa información xenética) para lograr unha distribución equitativa destes. Este é o xeito normal de división celular, no que a célula segue a ser diploide, é dicir, consérvase o número de cromosomas; por este motivo é que se di dela que é unha división celular conservadora. En organismos unicelulares realízase para a subsistencia da especie, mentres que nos organismos pluricelulares serve para o crecemento do individuo ou para a substitución das células mortas. A meiose é o proceso de obtención de gametos a partir de células diploides, dando como resultado catro células haploides, isto é, coa metade de información que contiña a primeira. Consiste nunha sucesión de dúas divisións consecutivas; unha primeira na que se obteñen dúas células, as cales se volven dividir en dúas na segunda división, dando lugar a catro células. Pódese dicir que o proceso é similar ao ocorrido en dúas mitoses seguidas, pero hai importantes diferenzas na repartición cromosómica que se produce. O obxectivo deste tipo de reprodución celular é para conservar o número de cromosomas dunha especie, xa que, desta forma, a unión de dous gametos haploides (un óvulo e un espermatozoide) durante a reprodución sexual dá como resultado unha célula ovo diploide, que se dividirá por mitose ata orixinar o novo organismo. Se, pola contra, os gametos fosen diploides, ao xuntárense, o número de cromosomas duplicaríase de xeración en xeración. [editar] Morte celularArtigo principal: Apoptose. As células, como seres vivos que son, nacen, medran, reprodúcense e morren. Todas as células están destinadas a morrer; hai dúas maneiras: unha morte natural e outra violenta causada por mor dunha infección provocada por un virus. Pola outra banda, o proceso de morte natural é sinxelo: a célula "devórase" a si mesma, é dicir, dixire os seus orgánulos e estruturas e rompe en fragmentos mediante un proceso chamado apoptose. Os restos que quedan son dixeridos polas células que se atopan ao seu carón. Esta morte sucede cando as células son innecesarias para o organismo. [editar] CancroArtigo principal: Cancro. O cancro é o resultado da división incontrolada dunha célula, invadindo o espazo ocupado por tecidos que se atopan, normalmente, preto dela. Esta célula posúe un dano nalgunha cadea do seu ADN (normalmente unha mutación) sen reparación posible, polo que ese erro se transmite ás células fillas que produce ao dividirse. Isto pode ser transferido por parte dos proxenitores, sendo máis común a aparición espontánea (ou sexa, sen herdanza parental). [editar] Orixe das célulasArtigo principal: Abioxénese. Existen tres hipóteses principais sobre a orixe das pequenas moléculas que puideron cobrar vida nunha Terra primitiva. Unha é que viñeron dos meteoritos (meteorito Murchison). Outra é que se crearon nos ventos mariños profundos. A terceira é que foron sintetizadas por un lóstrego nunha atmosfera reducida (experimento de Miller e Urey), aínda que non é seguro que a Terra tivese unha atmosfera. Non hai datos experimentais que demostren cómo eran as primeiras formas con replicación propia. Suponse que o ARN é a primeira molécula con replicación propia, dado que é capaz de almacenar información xenética e mais canalizar reaccións químicas (hipótese do mundo de ARN). Pero outras entidades, tales como a arxila ou o ácido nucleico peptídico, puideron preceder ao ARN con replicación propia[14]. As células afloraron, como mínimo, hai 3.000 ou 3.300 millóns de anos. Un carácter importante das células é a súa membrana plasmática, composta por unha dobre capa de lípidos. As primeiras membranas foron, probablemente, máis sinxelas e permeables cás actuais, cunha soa cadea de ácido graxo por lípido. Coñécese que os lípidos crean espontaneamente unha vesícula de dobre capa na auga, e puideron preceder ao ARN. Non obstante, as primeiras membranas celulares puideron ser producidas por ARN catalítico, ou incluso precisar de proteínas estruturais antes de poder formarse como tales[15]. [editar] Orixe das células eucarióticasSemella que as células eucarióticas evolucionaron a partir dunha comunidade simbiótica de células procarióticas. Hai unha certeza case absoluta de que os orgánulos de produción que conteñen ADN, como as mitocondrias e os cloroplastos, son os restos, respectivamente, de proteobacterias e cianobacterias simbióticas que respiraban osíxeno, onde os restos da célula parecen derivar dunha célula procariótica archaea[8]. Aínda hai un debate considerable sobre se os orgánulos como hidroxenosoma precederon á orixe das mitocondrias ou viceversa[16] O sexo, como unha coreografía estereotipada da meiose e fecundación que persiste en case que todas as eucarióticas existentes, puido xogar un papel na transición de procarióticas a eucarióticas. Unha teoría de "orixe do sexo como vacinación" suxire que o xenoma eucariótico poida estar unido a xenomas parasitos de procarióticos en numerosas roldas de transferencias de xenes laterais. O sexo como fecundación xurdiu cando un hóspede infectado comezou a intercambiar xenomas nucleares que contiñan simbiontes coevolucionados transmitidos verticalmente que transportaron a protección contra a infección horizontal de simbiontes máis virulentos[17]. [editar] Notas↑ Campbell, Neil A., Brad Williamson; Robin J. Heyden, Pearson Prentice Hall Biology: Exploring Life. ISBN 0-13-250882-6. ↑ Célula. MSN Encarta. Consultado o 19-10-2008. ↑ 3,0 3,1 ¿Qué es la célula?. Geocities.com. Consultado o 19-10-2008. ↑ Robert Hooke ↑ Maton, Anthea, Fucking Hopkins, Jean Johnson, Susan LaHart, David Quon Warner, Maryanna Wright, Jill D (1997), Prentice Hall Cells Building Blocks of Life. ISBN 0-13-423476-6. ↑ Unidades Svedberg, que miden o coeficiente de sedimentación dunha partícula. ↑ Michie K, Löwe J (2006). "Dynamic filaments of the bacterial cytoskeleton". Annu Rev Biochem 75: 467–92. DOI: 10.1146/annurev.biochem.75.103004.142452. ↑ 8,0 8,1 Véxase a teoría endosimbiótica. ↑ LA CÉLULA. Monografias.com. Consultado o 19-10-2008. ↑ Ménétret JF, Schaletzky J, Clemons WM, et al (decembro de 2007). "Ribosome binding of a single copy of the SecY complex: implications for protein translocation" 28: 1083–92. DOI: 10.1016/j.molcel.2007.10.034. ↑ The Forces Behind Cell Movement ↑ Alberts B, Johnson A, Lewis J. et al. Molecular Biology of the Cell, 4e. Garland Science. 2002 ↑ Ananthakrishnan R, Ehrlicher A. The Forces Behind Cell Movement. Int J Biol Sci 2007; 3:303-317. http://www.biolsci.org/v03p0303.htm ↑ Orgel LE (1998). "The origin of life--a review of facts and speculations". Trends Biochem Sci 23: 491–5. ISBN 9868373. ↑ Griffiths G (decembro de 2007). "Cell evolution and the problem of membrane topology". Nature reviews. Molecular cell biology 8: 1018–24. DOI: 10.1038/nrm2287. ISBN 17971839. ↑ Véxase a hipótese do hidróxeno sobre a orixe de células eucarióticas. ↑ Sterrer W. (2002). "On the origin of sex as vaccination". Journal of Theoretical Biology 216. DOI: 10.1006/jtbi.2002.3008. [editar] Véxase tamén[editar] BibliografíaAlberts B, Johnson A, Lewis J, Raff M, Roberts K, Walter P (2002), Garland Molecular Biology of the Cell, 4ª ed. ISBN 0-8153-3218-1. Lodish H, Berk A, Matsudaira P, Kaiser CA, Krieger M, Scott MP, Zipurksy SL, Darnell J (2004), WH Freeman: New York, NY Molecular Cell Biology, 5ª ed. ISBN 978-0-7167-4366-8. Cooper GM (2000), ASM Press The cell: a molecular approach, 2ª ed.. ISBN 0-87893-102-3. Gall JG, McIntosh JR (2001), Bethesda, MD and Cold Spring Harbor Landmark Papers in Cell Biology. Comentarios e ligazóns ás investigacións orixinais publicadas na libraría ASCB de imaxes e vídeos. [editar] Outros artigosCommons ten máis contidos multimedia na categoría: CélulaBioloxía celular Célula animal Célula vexetal Célula fotoeléctrica Célula nerviosa Célula nai Célula solar [editar] Ligazóns externasPresentacións didácticas sobre a célula na páxina web do Departamento de Bioloxía e Xeoloxía do IES Otero Pedrayo (Ourense). Introdución á célula no Atlas de Histología Vegetal y Animal da Facultade de Bioloxía da Universidade de Vigo (en castelán). Animacións gráficos e outros materiais didácticos (en castelán). Animacións educativas de células virtuais (en inglés). [amosar]v • c • eEstruturas e orgánulos da célula Sistema endomembranoso Membrana celular - Núcleo (Nucléolo) - Retículo endoplasmático - Aparato de Golgi - Parentosoma Vesículas (Lisosomas - Endosomas - Fagosomas - Vacúolos) Gránulo citoplasmático: Melanosoma - Microcorpo (Glioxisoma - Peroxisoma) - Corpo de Weibel-Palade Endosimbiose Mitocondria - Plastos (Cloroplasto - Cromoplasto - Amiloplasto) Citoesqueleto Microfilamentos - Filamentos intermedios - Microtúbulos - Centríolos ADN Cromosomas (Cromatina - Cromátide - Centrómero) - Plásmidos Externas Parede celular - Cilio/Flaxelo - Acrosoma Outras Citoplasma - Ribosoma - Centro organizador de microtúbulos (Centrosoma - Corpo basal - Corpo polar do fuso) - Proteasoma [amosar]v • c • eMateria Ecosistema > Organismo > Sistema orgánico > Órgano > Tecido > Célula > Orgánulo > Molécula > Átomo > Partícula subatómica (Partícula composta · Partícula elemental) Traído desde "http://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Célula&oldid=2444642" Categorías: Artigos destacadosCélula| [amosar] Categorías ocultas: Artigo de calidade en ca.wikiArtigo de calidade en es.wikiArtigo de calidade en ka.wikiArtigo de calidade en mk.wikiArtigo de calidade en vi.wiki Ferramentas persoaisAcceder ao sistema Crear unha conta nova Espazos de nomesArtigo Conversa VariantesVistasLer Editar Ver o historial AcciónsProcura NavegaciónPortada Portal da comunidade Actualidade Cambios recentes Artigos de calidade Páxina aleatoria Axuda Doazóns Imprimir/exportarCrear un libroDescargar como PDFVersión para imprimirCaixa de ferramentasPáxinas que ligan con esta Cambios relacionados Páxinas especiais Ligazón permanente Citar esta páxina Outras linguasAfrikaans አማርኛ Aragonés Ænglisc العربية مصرى Azərbaycanca Башҡортса Žemaitėška Беларуская ‪Беларуская (тарашкевіца)‬ Български বাংলা Brezhoneg Bosanski Català کوردی Česky Cymraeg Dansk Deutsch Ελληνικά English Esperanto Español Eesti Euskara Estremeñu فارسی Suomi Føroyskt Français Nordfriisk Gaeilge Gaelg Hak-kâ-fa עברית हिन्दी Fiji Hindi Hrvatski Kreyòl ayisyen Magyar Հայերեն Interlingua Bahasa Indonesia Ido Íslenska Italiano 日本語 Lojban Basa Jawa ქართული Адыгэбзэ Қазақша ಕನ್ನಡ 한국어 Kurdî Кыргызча Latina Лакку Lietuvių Latviešu Олык Марий Македонски മലയാളം Монгол Bahasa Melayu မြန်မာဘာသာ Nāhuatl नेपाली Nederlands ‪Norsk (nynorsk)‬ ‪Norsk (bokmål)‬ Nouormand Occitan Kapampangan Polski پنجابی پښتو Português Runa Simi Română Русский Русиньскый Саха тыла Srpskohrvatski / Српскохрватски සිංහල Simple English Slovenčina Slovenščina chiShona Soomaaliga Shqip Српски / Srpski Seeltersk Basa Sunda Svenska Kiswahili தமிழ் తెలుగు ไทย Tagalog Türkçe Татарча/Tatarça Українська اردو Oʻzbek Vèneto Tiếng Việt Winaray ייִדיש Yorùbá 中文 Bân-lâm-gú 粵語 A última modificación desta páxina foi o 16 de xuño de 2012 ás 13:29. Todo o texto está dispoñible baixo a licenza Creative Commons recoñecemento compartir igual 3.0; pódense aplicar termos adicionais. Consulte os termos de uso para obter máis información. Wikipedia® é unha marca rexistrada da Wikimedia Foundation, Inc., unha organización sen fins lucrativos. Política de protección de datos Acerca de Wikipedia Advertencias Vista móbil COPYRIGHT WIKIPÉDIA

Nenhum comentário:

Postar um comentário

Contador de visitas